Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os centros educativos valgueses realizaron distintas actividades durante a mañá

- Os maiores decoraron o Centro de Día con pombas brancas, símbolo da non violencia

EIMDíaPaz1

Valga, 30 de xaneiro 2019.

Os centros educativos de Valga celebraron esta mañá diversas actividades con motivo do Día da Paz e da non violencia, que se conmemora cada 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi.

Un exemplo foi a Escola Infantil Municipal, na que o alumnado e o persoal docente elaboraron distinto material conmemorativo, coma un mural no que os nomes de todos os rapaces formaban a palabra “paz”, coroas ou colares nos que decoraron e debuxaron pombas, o símbolo da paz.

Tamén no Centro de Día os usuarios e o persoal súmaronse ás actividades conmemorativas deste xornada, decorando a instalacións do centro con pombas brancas.

EIMDíaPaz2 EIMDíaPaz3

EIMDíaPaz4  CentroDíaPaz

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver