Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Esta formación complementaria impartiuse na aula CeMIT do Concello

- Adquiriron destrezas elementais para poder utilizar de forma autónoma as distintas aplicacións ofimáticas

OEInformática1

Valga, 18 de xaneiro de 2019.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III asistiu durante esta semana a sesións de formación complementaria en alfabetización informática que se impartiron na aula CeMIT do Concello, na planta baixa do Auditorio Municipal. En total sumaron dez horas de formación en informática básica e internet.

O obxectivo destas sesións é que os alumnos se familiaricen cos ordenadores e adquiran coñecementos básicos sobre conceptos informáticos e destrezas para poder realizar de forma autónoma operacións elementais. Tamén recibiron formación sobre iniciación a internet e coñeceron as principais aplicacións en ofimática.

Establecéronse varios grupos en función do nivel dos alumnos, impartíndose alfabetización básica a aqueles que carecían de formación en informática e traballando con conceptos máis avanzados coas persoas que xa posuían un nivel mínimo.

Esta formación impartiuse por separado aos alumnos das dúas especialidades do Obradoiro: albanelería e acondicionamento forestal. Foron clases de carácter práctico que correron a cargo da técnica encargada da aula CeMIT, Vanesa Losada.

OEInformática2 OEInformática3

OEInformática4 OEInformática5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver