Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Están a realizar desbroces e podas e tamén plantan especies arbóreas

- O alcalde e a concelleira de Emprego visitaron a zona para coñecer o desenvolvemento das actuacións

obraforestais1

Valga, 13 de xaneiro de 2019.

Os dez alumnos do módulo de forestal do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, que comparten os concellos de Valga e Moraña, están a realizar traballos de acondicionamento na área fluvial de Vilarello.

As actuacións consisten en desbroces e limpezas manuais e con desbrozadora, sega e rastrillado de follas. Asemade, están a facer podas de formación, de mantemento e de rehabilitación e tamén se están a plantar especies arbóreas.

Os restos forestais das podas e limpezas son queimados mediante queimas controladas.

O alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, e a directora do obradoiro, Mª Carmen Vidal, visitaron esta semana a zona para coñecer o desenvolvemento da actuación.

Estes traballos permiten ao alumnado adquirir as destrezas propias do seu módulo profesional, comezar a traballar con autonomía  e aplicar, xa na práctic a, os coñecementos que foron adquirindo previamente nas aulas.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III deu comezo a mediados de novembro e prolongarase ata o mes de agosto coa participación de dez desempregados de Valga e outros tantos de Moraña. Os vinte alumnos, doce mulleres e oito homes, estanse a formar nas especialidades de albanelería e acondicionamento forestal por un período de nove meses durante o que perciben o salario mínimo interprofesional.

A Xunta de Galicia aporta 288.807 euros para financiar esta acción formativa, mentras que os concellos de Valga e Moraña sufragan os materiais para as obras que se están a executar nos respectivos municipios. O obxectivo final é favorecer a inserción no mercado laboral dos participantes.

obraforestais1 obraforestais2

obraforestais3 obraforestais4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver