Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 31 de xaneiro

- Dez integrantes do colectivo de Pontecesures aportan cadros á mostra

xuntos1

Valga, 12 de xaneiro de 2019.

O alcalde, José María Bello Maneiro, inaugurou na tarde e onte a exposición de pintura “Xuntos”, da asociación A Barcarola de Pontecesures, que pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 31 de xaneiro.

A mostra reúne cadros dun total de dez integrantes deste colectivo: Elena Vidal, Áurea Garabán, Ana F. Potel, Marisé Canda, Lara Barreiro, José Ramón Rey, Rosa Vidal, Margarita Santiago, Esther Potel e Isabel Castro, presidenta de A Barcarola. Moitos deles asistiron tamén ao acto de inauguración, no que o alcalde lles deu a benvida ao Auditorio e os felicitou polos seus traballos. “Estamos encantados de acoller esta exposición dos nosos veciños e amigos de Pontecesures”, dixo Bello Maneiro.

Isabel Castro explicou que “somos afeccionados á pintura, xente á que nos gusta” esta disciplina e que asisten ás clases que, dende hai máis de vinte anos, imparte a asociación A Barcarola e, en concreto, o profesor Raúl Gil, licenciado en Belas Artes. “Participamos entre 20 e 25 persoas, dende rapaces de dez anos ata maiores de máis de 70. A pintura axúdanos a expresarnos e exposicións como esta de Valga supoñen un aliciente para os alumnos”, explica a presidenta.

xuntos2 xuntos3

xuntos4 xuntos5

xuntos6 xuntos7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver