Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os participantes no certame deben levar os seus deseños ao Auditorio entre os días 31 de outubro e 2 de novembro

- Os gañadores coñeceranse o día 3, coincidindo coa festa de disfraces

FestaSamaín

Valga, 16 de outubro de 2023.

O Concello promove varias actividades con motivo do Samaín, unha celebración coa que os celtas conmemoraban a chegada do inverno na noite do 31 de outubro na que, ademais, se cría que as almas dos defuntos regresaban ao mundo dos vivos.

Para festexar esta data, as bibliotecas municipais e as concellerías de Cultura e Educación organizan un concurso de cabazas decoradas con temática libre. Estas exporanse no Auditorio Municipal, onde teñen que depositalas os participantes entre os días 31 de outubro e 2 de novembro. Acompañaranse cun sobre que, polo exterior, teña escrito o nome da cabaza. No interior deben introducirse os datos persoais do autor (nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto).

A resolución do concurso terá lugar o día 3, con agasallos para os autores das tres mellores cabazas. Valoraranse a orixinalidade, os materiais empregados e calquera outro detalle que resalte no deseño. A proclamación dos gañadores coincidirá coa festa de Samaín que terá lugar a partir das 17:00 horas no Auditorio, na que poden participar nenos e adultos cos seus disfraces. Haberá chocolatada gratis para todos.

FestaSamaín

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver