- O alcalde e o director xeral de Centros da Xunta participaron na posta de longo dunha talentosa xeración de músicos
- Durante a cerimonia, que tivo lugar no Auditorio, actuou a Big Band do CSM Galicia

Valga, 13 de xuño de 2026.
O curso académico chega ao seu fin e o Centro Superior de Música tamén despide ao alumnado que remata os seus estudios musicais. Na fin de semana celebrouse o acto de graduación no Auditorio Municipal, que tivo como protagonistas a:
- Paula Vidal Lorenzo (Composición)
- Marcos Díaz Pan (Interpretación guitarra Jazz)
- Lucas Martínez Marcos (Interpretación Contrabaixo)
- Manuel García Vicente (Pedagoxía Xeral e da Música)
- Javier Cerezo Gil (Dirección)
- Alonso Pinilla Villamor (Interpretación Piano)
- Carmen Fuxing Ferrer Rivas (Interpretación Piano)
- Irene Vázquez Amarelle (Interpretación Piano)
- Ariadna Landrove Santana (Interpretación Frauta)
Este grupo de alumnos puxeron o broche de ouro a unha etapa marcada polo esforzo, a aprendizaxe e, sobre todo, pola paixón pola música e, por iso, serán unha promoción que deixará pegada no centro. Os nove inician agora unha nova e prometedora andaina a nivel artístico e profesional.
A cerimonia foi presentada por Manuel García e Carmen Fuxing Ferrer e estivo cargada de momentos emotivos. Os novos titulados compartiron cos asistentes lembranzas, vivencias e anécdotas do seu paso polo CSM Galicia. Tamén interviñeron os padriños da promoción: Ilona Timchenko, titora de piano, e Alfredo Susavila, xefe do Departamento de Jazz, quen dedicaron unhas palabras de alento e inspiración aos mozos de cara ao seu futuro profesional.
Ademais de polas súas familias e achegados, os graduados estiveron respaldados polo alcalde, José María Bello Maneiro; o director xeral de Centros da Consellería de Educación, Jesús Álvarez Bértolo; e o director do CSM Galicia, Simón Ibáñez. Todos eles coincidiron en sinalar o talento e a dedicación do alumnado do centro, estendendo o recoñecemento ao equipo docente.
Como non podía ser doutro xeito, a música tivo un papel protagonista na gala, a cargo da Big Band do CSM Galicia.

ES
EN