Accessibility Tools

Formación e emprego

PLANS DE EMPREGO

📈
Plan Local de Emprego:

Fomenta a participación dos colectivos sociais, educativos e do tecido empresarial no deseño, desenvolvemento e execución da política municipal orientada á creación e mellora do emprego.

Actuacións que se están a desenvolver polo servizo de Formación, Orientación e Emprego:

  • Orientación Laboral
  • Accións formativas
  • Intermediación laboral
  • Sensibilización empresarial
  • Fomento da contratación
  • Información e difusión sobre o emprego
👩‍🎓
Plan Xoven de Formación-Ocupación:

Favorece a transición escola-traballo dos mozos e mozas que abandonan o sistema escolar sen titulación, enfocado ao emprego xuvenil.

  • Formación para o emprego
  • Ferramentas para a busca de emprego

PROGRAMAS DE EMPREGO

🏫
ESCOLAS OBRADOIRO:

Centros de traballo e formación nos que os mozos e mozas desempregados reciben formación profesional ocupacional en alternancia coa práctica profesional.

Destinatarios/as:

– Figurar como demandantes de emprego na oficina de emprego.
– Non ter cumpridos os 25 anos e ser maior de dezaseis.

Duración: Entre un e dous anos.

🔧
OBRADOIROS DE EMPREGO:

Formación profesional e práctica laboral mediante obras ou servizos de utilidade pública ou interese social, posibilitando a inserción laboral ou creación de proxectos.

Destinatarios/as: Persoas desempregadas maiores de 25 anos con dificultades de inserción laboral ou colectivos preferentes.

Duración: Mínima de 6 meses e máxima de 1 ano.

🤝
Servizo de Intermediación Laboral:

Procura a inserción laboral dos demandantes de emprego a través das seguintes canles:

  • – Prospección do mercado de traballo, en contacto coas empresas.
  • – Posta en contacto dos demandantes coas empresas que ofrecen postos axeitados ao seu perfil.
  • – Acompañamento no proceso de busca de emprego.
  • – Seguimento da inserción laboral mediante contacto directo co traballador e a empresa.
Este sitio web utiliza cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario.