- O alcalde mantivo unha xuntanza coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Valga, 7 de outubro de 2026.
O alcalde, José María Bello Maneiro, participou esta mañá nunha xuntanza coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Paz Rodríguez.
Neste encontro, ao que tamén asistiu a concelleira Carmen Gómez, abordaron vías de colaboración entre o Concello e Agader para impulsar a recuperación de terreos mediante figuras coma o polígono agroforestal.
O obxectivo é poñer a producir as terras que se atopan en estado de abandono ou infrautilizadas e pode incluír a restauración da propiedade, así como o acondicionamento das parcelas e as infraestruturas viarias necesarias.
ES
EN