Accessibility Tools

Todas

AS AVENTURAS DA PITA XEFA ENCHERON DE NENOS E FAMILIAS O AUDITORIO MUNICIPAL

- O espectáculo achegou á cativada mensaxes de superación persoal, igualdade e perseveranza

- Foi promovido polas bibliotecas municipais no marco do programa “Ler conta moito”, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

PitaXefa1

Valga, 17 de outubro de 2026.

O Auditorio Municipal de Valga viviu onte unha xornada chea de diversión, ateigado de nenos e familias que asistiron ao espectáculo de monicreques "A Pita Xefa", da compañía Títeres Alakrán.

O espectáculo xirou arredor das peripecias de Marcelina, unha pequena pita con moita determinación e unha imaxinación sen límites que soña ao grande. Cansada da rutina diaria e de ser unha máis do curral, decide tomar as rendas da súa vida e converterse na xefa do seu destino.

A través dunha posta en escena dinámica, con moito humor e música, "A Pita Xefa" abordou valores coma a superación persoal, a igualdade e a importancia de loitar polo que un cre.

Esta actividade foi promovida polas Bibliotecas Municipais e o Concello , en colaboración coa Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Xunta, a través do programa de dinamización lectora "Ler conta moito".

PitaXefa2 PitaXefa3