Accessibility Tools

Todas

VIAXAR POLO MUNDO, EXPLORAR O CORPO HUMANO E VIVIR AVENTURAS SEN SAÍR DE VALGA

- A Aula CeMIT desenvolveu un obradoiro de realidade virtual

- O Concello mantén a súa aposta por achegar as últimas tecnoloxías a toda a poboación

RealidadeVirtual1

Valga, 9 de xullo de 2026.

A Aula CeMIT de Valga desenvolveu o obradoiro “Achégate á realidade virtual”, unha actividade na que os participantes puideron mergullarse de cheo nesta tecnoloxía.

O taller incluíu unha introdución á realidade virtual para coñecer os conceptos básicos, formación sobre o uso e configuración dos equipos e, por último, probas e experimentación.

Este era o momento máis agardado, unha toma de contacto lúdica coa realidade virtual, para aprender a usar os mandos, agarrar obxectos virtuais e entender o espazo.

Empregaron ferramentas de creatividade e de exploración como:

  • Youtube VR, coa que viaxaron polo mundo e descargaron adrenalina subindo a montañas rusas grazas ao seu extenso catálogo de vídeos en 360 graos.
  • Aplicacións educativas: exploraron unha ferramenta de anatomía coa que puideron ver e manipular as diferentes partes do corpo humano en tres dimensións.

Con talleres coma este, o Concello de Valga fai unha aposta por achegar as últimas tendencias tecnolóxicas e a alfabetización dixital a toda a veciñanza dun xeito práctico e gratuíto.

RealidadeVirtual2 RealidadeVirtual3