- O educador familiar Francisco Javier Gómez impartiu unha sesión ao estudantado do Grao de Educación Social
- Para o Concello, sempre aberto á colaboración cos centros formativos, é un orgullo que os Servizos Sociais valgueses sexan un referente

Valga, 26 de novembro de 2026.
O técnico de intervención familiar do Concello de Valga, Francisco Javier Gómez González, impartiu esta mañá unha sesión formativa na Universidade de Santiago de Compostela (USC) dirixida ao estudantado do Grao de Educación Social. A xornada desenvolveuse como parte da materia Contextos e Ámbitos na Educación Social, coordinada polo profesor Germán Vargas Calleja.
Durante o encontro, o profesional municipal presentou as claves da intervención familiar desde a administración local e detallou o traballo que realiza en Valga o Servizo de Educación e Apoio Familiar. A exposición combinou fundamentos teóricos e casos prácticos, cunha atención especial ás particularidades propias dos concellos rurais como Valga.
Desde o Concello de Valga “sentímonos orgullosos de que o Departamento de Servizos Sociais sirva como referente para a formación de futuros profesionais da intervención socioeducativa. Como Concello estamos sempre aberto á a colaboración coas universidades, centros educativos e entidades formativas” para achegar a realidade do traballo social municipal ás aulas, destaca o goberno local.

ES
EN