Accessibility Tools

Todas

O CONCELLO PON EN VALOR O TRABALLO DA COMUNIDADE EDUCATIVA VALGUESA CUNHA HOMENAXE AOS MELLORES EXPEDIENTES DO CURSO 2025/26

- O recoñecemento recaeu en alumnos dos colexios de Baño e Ferro Couselo, do IES de Valga, da Escola de Música e do Centro Superior de Música

- O evento contou coa presenza do alcalde, o director xeral de Centros da Xunta e representantes da comunidade escolar

Expedientes2026 1

Valga, 24 de xullo de 2026.

Os estudantes dos centros educativos valgueses cos mellores expedientes académicos do curso 2025-2026 recibiron onte unha homenaxe por parte de Concello. O acto, que se celebrou no Auditorio Municipal, contou coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Educación, Carmen Gómez, o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta, Jesús Álvarez Bértolo, e o director territorial e Educación, César Perrez Ares. Acompañáronos os directores dos centros educativos do municipio e familiares dos alumnos recoñecidos.

Os galardóns aos mellores expedientes de Educación Primaria recaeron en Inés Vázquez Soutullo, do CEP Xesús Ferro Couselo, e Lucía Bouzón Bouzón, do CEIP Baño-Xanza. En Educación Secundaria Obrigatoria foi recoñecida Adela Portas Bouzón, mentres que en Bacharelato os mellores expedientes foron os de Jesús Manuel Lafuente Bello, na rama de Ciencias e Tecnoloxía, e Martín Otero Isorna, na especialidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

En Formación Profesional, no Ciclo Básico de Agroxardinaría e composicións florais, o alumno máis sobresaínte foi Anxo Gil Doce. E no CB de Fabricación e montaxe, o recoñecemento recau en Anxo Varela Lorenzo. Saray Suárez Hermida obtivo os mellores resultados no Ciclo Medio de Xardinaría e Floraría; mentres que no CM de Soldadura e Caldeiraría os mellores alumnos do curso foron Anxo Rey Pancorbo (na rama ordinaria) e Manuel García Míguez (na dual). Para rematar coa FP, nos Ciclos Superiores de Construcións Metálicas e Mecatrónica Industrial os homenaxeados foron Lucas Martínez Beltrán e Raúl García Janeiro.

No referido á ensinanza musical, a alumna da Escola Municipal de Música cos mellores resultados académicos do Grao Profesional foi Lucía Rey Aboy, na especialidade de viloncello. , e Darvin Villar Gens, na especialidade de Trompeta; e no Grao Superior o recoñecido foi Carlos Blanco Villena, alumno do Centro Superior de Música na especialidade de interpretación. Ademais de recoller o galardón, foi o encargado de poñer música ao evento.

Os homenaxeados recibiron un diploma, una placa conmemorativa e unha tablet aportada pola Consellería de Educación. O rexedour transmitiulles os parabéns polos seus excelentes resultados e indicou que, con este acto, o Concello quere recoñecer “o excelente traballo que se realiza nos cetros educativos valgueses, un labor que e posible grazas á implicacionn do profesorado, dos equiops directivos, do persoal dos centros e, por suposto, do alumnado e das súas familias”.

O director xeral desexou éxitos a todos os galardoados no resto da súa etapa educativa ou na súa incorporación ao mercado laboral: “Seguide traballando para acadar unha Galicia mellor e unha Valga mellor”.

En representación da comunidade educativa falou Conchi Paz, directora do IES de Valga. “Tedes a sorte de vivir en Valga, onde podedes completar todas as etapas formativas dende a Educación Infantil ata o acceso á Universidade”, díxolle aos alumnos. “Representades una oportunidade de construir un futuro mellor, engadiu.  

Os estudantes homenaxeados tamén tomaron a palabra para agradecer aos seus mestres, familias e compañeiros o apoio que lles brindaron para acadar tan bos resultados académicos.

Expedientes2026 2 Expedientes2026 3