Accessibility Tools

Todas

O CONCELLO INVESTIU MÁIS DE 48.000 EUROS NA MELLORA E ACONDICIONAMENTO DO ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

- Pintaronse paredes e teitos, renovouse a tarifa flotante e colocáronse proteccións en esquinas e columnas

- Tamén se modernizaron os sistemas de calefacción, detección de incendios e alarma

ObrasEIM1

Valga, 26 de outubro de 2026.

O Concello realizou nas últimas semanas un investimento de máis de 48.000 euros no acondicionamento da Escola Infantil Municipal, con actuacións que incluíron traballos de albanelería e pintura, a renovación dos sistemas de calefacción e anti incendios, e a instalación de novos elementos de protección para os máis pequenos, para así optimizar o confort, a seguridade e a eficiencia enerxética do edificio educativo.

As melloras foron financiadas a través dun convenio coa Xunta de Galicia.

No capítulo de albanelería e acabados, procedeuse ao pintado de paredes e teitos nos espazos interiores do inmoble, incluíndo as aulas, corredores, sala de xuntas e despacho de dirección.  Tamén se renovaron os falsos teitos en espazos como a cociña, a lavandería e acometeuse o arranxo da cheminea.  

En canto a carpintería, instaláronse 230 metros cadrados de tarima flotante vinílica. Pensando na seguridade do alumnado, as melloras contemplaron a colocación de esquinais de espuma e a cubrición de columnas.  

Por outra parte, modernizáronse os sistemas de calefacción e detección de incendios e renovouse a alarma antirroubo, introducindo sensores con cámara e outras melloras.

ObrasEIM2 ObrasEIM3