Accessibility Tools

Todas

O CONCELLO ESTREA UN NOVO SERVIZO, O PUNTO LIMPO MÓBIL, PARA ACHEGAR A RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS A TODAS AS ZONAS DE VALGA

- Dende hoxe e ata o día 9 de xuño quedará emprazado en Casal de Eirigo, na recta do Bar Pardal

- Conta con catorce bocas para o depósito de cristais, aceite, bombillas, teléfonos ou pequenos aparellos electrónicos

PuntoLimpoMóbil1

Valga, 3 de xuño de 2026.

O Punto Limpo móbil, adquirido polo Concello cunha subvención da Xunta de Galicia para achegar a recollida selectiva ás diferentes parroquias valguesas, entra hoxe en servizo e a súa primeira parada é Casal de Eirigo, donde permanecerá durante unha semana (ata o día 9 de xuño) para que os veciños da zona poidan depositar residuos que non deben botarse nos colectores do lixo: poliespan branco, espellos e cristais, aceite doméstico usado, filtros de aceite, roupa e calzado, fluorescentes, bombillas, pilas, móbiles e cargadores, toner de impresoras, siliconas, aerosois, pequenos aparellos electrónicos e pequenos restos metálicos. En total, a caixa conta con catorce bocas para outros tantos tipos de residuos.

As seguintes paradas do Punto Limpo móbil durante as vindeiras semanas serán:

  • Cruce entre Vilares e Martores (do 10 ao 16 de xuño)
  • Eirexe – Setecoros, xunto ao local social (do 17 ao 22 de xuño)
  • Vilarello, xunto a á escola (do 23 ao 30 de xuño)
  • Parque de Parafita (do 1 ao 7 de xullo)
  • San Miguel, nas inmediacións da igrexa (do 8 ao 14 de xullo)
  • O Pino, fronte ao bar Os Camioneros (do 15 ao 21 de xullo)

Deste xeito, o Concello continúa avanzando na xestión sostible dos residuos, implicando á poboación na importancia da reciclaxe e do coidado do medio ambiente e fomentando hábitos responsables e sustentables. Trátase dunha medida de achegamento e de accesibilidade para aquelas persoas que non poden desprazarse ata o Punto Limpo fixo, situado en Campaña, evitando ademais a proliferación de vertidos incontrolados.

Este servizo é complementario ao do Punto Limpo fixo (que abre os luns pola mañá e os xoves pola tarde e que os veciños de Valga poden empregar de balde) e tamén á planta de residuos da construción, á que se poden levar restos de obras.

Ademais, tamén se mantén a recollida de voluminosos porta a porta con periodicidade mensual. Realízase os últimos martes de cada mes e é tamén gratuíta.

PuntoLimpoMóbil2