Accessibility Tools

Todas

DERON COMEZO NO AUDITORIO AS ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA, CON MÁIS DUNHA DECENA DE INSCRITOS POR XORNADA

- Na primeira sesión os participantes realizaron xogos de presentacións e actividades musicais e deportivas

- As actividades continuarán ata o mércores en horario de mañá

ConciliaciónSemanaSanta1

Valga, 30 de marzo de 2026.

Esta mañá deron comezo no Auditorio Municipal as actividades organizadas polo Concello para estas datas de Semana Santa, nas que os rapaces están de vacacións escolares. En total son máis de trinta as inscricións que se recibiron, superando a decena de nenos en cada xornada.

Na sesión inicial, os participantes realizaron xogos de presentación para coñecerse entre eles e gañar complicidade. Tamén se divertiron con xogos musicais e, trala merenda, desprazáronse ata a pista multideporte da Candieira para realizar actividades ao aire libre aproveitando a mañá solleira. Practicaron deportes, botaron carreiras e exploraron a contorna.

As actividades, que se dirixen a nenos e mozos de entre 3 e 16 anos, continúan ata o mércores en horario de 10:00 a 14:00. Para o Xoves Santo e o luns de Pascua, que tamén foron datas ofertadas polo Concello, non se formou grupo.

ConciliaciónSemanaSanta2 ConciliaciónSemanaSanta3