Accessibility Tools

Todas

A XUNTA HABILITA UN CARRIL DE INCORPORACIÓN PARA REFORZAR A SEGURIDADE NA CONEXIÓN ENTRE A PO-548 E O LUGAR DE BEIRO

- Esta foi unha das peticións que o alcalde lle plantexou á conselleira de Infraestruturas na xuntanza que mantiveron a comezos de xuño

- A intersección, que é empregada por autobuses interurbanos, atópase en pendente e isto dificulta a visibilidade

CarrilIncorporaciónBeiro1

Valga, 8 de xullo de 2025.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, vén de executar melloras na PO-548 ao seu paso por Valga, en concreto na subida ao Alto de Cordeiro, para reforzar a seguridade viaria na conexión entre a estrada autonómica e unha vía de titularidade municipal en Beiro (Cordeiro).

Esta intersección atópase en pendente o que dificulta a visibilidade aos condutores que, procedentes deste lugar, pretenden acceder á PO-548. As obras acometidas pola Xunta consistiron en habilitar un carril de incorporación para así mellorar a seguridade no cruce que, ademais, é empregado por autobuses que realizan traxectos interurbanos.

Esta fora unha das peticións que o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez lle plantexaran á conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, na xuntanza que mantiveron a comezos do pasado mes de xuño.

CarrilIncorporaciónBeiro2 CarrilIncorporaciónBeiro3

Artículos relacionados

Este sitio web utiliza cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario.