Accessibility Tools

Todas

A MOSTRA “SAÚDE UNIVERSAL. PROXECTOS QUE DAN VIDA” CHEGA AO AUDITORIO PARA VISIBILIZAR A COOPERACIÓN GALEGA EN MATERIA SANITARIA

- Trátase dunha iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que Valga é socio

- A exposición repasa algunhas accións promovidas polo Fondo nos países da África Lusófona, dende a pandemia da Covid ata atención materno-infantil

ExpoSaúdeUniversal1

Valga, 17 de agosto de 2026.

Os exteriores do Auditorio Municipal de Valga acollen a exposición itinerante “Saúde universal. Proxectos que dan vida”, unha iniciativa promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que achega á cidadanía o traballo desenvolvido en materia de saúde pública nos países da África Lusófona.

A mostra está composta por nove lonas de gran formato que o impacto de diversas accións apoiadas polo Fondo Galego nos últimos anos. Dende a loita contra a pandemia da Covid-19 en Guinea-Bissau ata a abordaxe da pobreza menstrual en Mozambique, pasando por programas de hixiene en Cabo Verde e a atención á saúde materno-infantil.

Aos textos e fotografías súmanse tamén as ilustracións de Sandra Lodi (Premio Castelao de banda deseñada). E os códigos QR que se atopan en cada lona permiten acceder a testemuños directos gravados sobre o terreo: relatos e experiencias reais contados en primeira persoa polos seus protagonistas.

A través desta iniciativa, búscase poñer en valor o papel fundamental da cooperación internacional impulsada polos concellos e deputacións galegas, ao tempo que se fovorece a empatía, a corresponsabilidade social e a convivencia intercultural.

ExpoSaúdeUniversal2 ExpoSaúdeUniversal3