- A actuación, valorada en case 61.500 euros, financiouse a través Plan Camiña da Consellería do Medio Rural
- Fondos da Deputación permitiron completar a obra co acondicionamento dos ramais de acceso á vía principal
Valga, 6 de maio de 2026.
Veñen de rematar as obras de acondicionamento do camiño entre os lugares de O Forno e A Torre, que se executaron coa colaboración económica da Consellería do Medio Rural, a través do Plan Camiña, e cun investimento total de 61.490’47 euros.
A mellora desta vía, de titularidade municipal, incluíu o ensanche da plataforma nalgúns tramos, a renovación da capa asfáltica e tamén a mellora do servizos públicos. As acción executadas foron:
- Acondicionamento, limpeza e preparación do terreo
- Reposición de tubaxes de saneamento e abastecemento de augas
- Mellora da drenaxe para evitar bolsas de auga
- Acondicionamento de cuneta
- Pavimentación de preto de 400 metros de camiño con base de grave e firme de aglomerado en quente
- Pintado de sinalización horizontal e colocación de sinalización vertical
Esta obra complementouse co programa +Provincia da Deputación, cuxos fondos permitiron pavimentar os ramais de acceso á vía principal.
Deste xeito, quérese mellorar as condicións de vida dos residentes na zona dotándoos dunha estrada pola que poidan circular en condicións de maior seguridade. Darlle un pulo ás condicións de vida nas aldeas mediante actuacións de mellora e mantemento das infraestruturas viarias é, precisamente, o obxectivo que persegue o Plan Camiña.
ES
EN