Accessibility Tools

Todas

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA PROGRAMA UN CAMPUS DE NADAL ENTRE OS DÍAS 20 DE DECEMBRO E 3 DE XANEIRO

- A actividade inclúe ensaios e actividades formativas en horario de mañá e catro concertos no Auditorio Municipal

- O prezo é de 200 euros, se ben os membros da Banda e da Orquestra poden participar de xeito gratuíto

 

Valga, 15 de decembro de 2025.

A Escola Municipal de Música organiza durante estas datas de Nadal un campus musical que se desenvolverá nas instalacións do Auditorio durante dúas semanas, entre os días 20 de decembro e 3 de xaneiro.

Os inscritos participarán en ensaios e actividades musicais en horario de 11:00 a 14:00. Traballarán un repertorio integrado polos temas: “Abertura do Ballet o Quebra-Noces”, de Tchaikovsky; “Sinfonía 9 do novo mundo”, de A. Dvorak; “Polka trisht-trasht” e a “Marcha Radetzky” de Strauss. Os días 3, 4, 6 e 11 de xaneiro ofrecerán concertos no Auditorio, con entrada de balde para o público.

O campus ten un prezo de 200 euros por participante, aínda que os membros da Orquestra e da Banda de Valga poden participar de xeito gratuíto.

As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse ata este xoves, 18 de decembro. Para iso é preciso realizar o pago na conta da Asociación Cultural Musival, en Abanca, cubrir a folla de matrícula e enviar os documentos ao enderezo electrónico Aquesta adreça de correu-e està protegida dels robots de spam.Necessites Javascript habilitat per veure-la..

Os interesados en obter máis información sobre a actividade poden chamar ao teléfono 665 086 515.

CampusNadalMusica

Artículos relacionados

Este sitio web utiliza cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario.