Accessibility Tools

Todas

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN INVESTIRÁ 280.000 EUROS PARA MELLORAR A CUBERTA DO PATIO EXTERIOR DO COLEXIO DE CORDEIRO

- Substituiranse as chapas actuais por unha nova cobertura de panel sándwich e también se renovarán os canlóns e baixantes

- As obras licitáronse esta semana e as empresas poden presentar ofertas ata o día 20 de maio

ColexioFerroCouselo

Valga, 7 de maio de 2026.

A cuberta do patio exterior do colexio Plurilingüe Xesús Ferro Couselo de Cordeiro será reformada para acabar coas filtracións de auga que se producen debido ao deterioro da actual estrutura e que limitan o emprego da pista en xornadas de chuvias.

As obras foron licitadas a comezos desta semana pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que realizará un investimento de case 280.000 euros. O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o día 20 de maio para as empresas que queiran optar á adxudicación.

A cuberta actual da pista polideportiva e de recreo do colexio está formada por chapas de aceiro galvanizado, ancoradas directamente á estrutura de soporte, composta de viguetas prefabricadas de formigón. Nos laterais e na zona de marquesiña o cerramento é de placas translúcidas. A cobertura atópase bastante deteriorada, con presenza dalgunhas pezas rotas, o que produce as citadas filtracións de auga.

A actuación prevista pola Consellería consiste na retirada do actual material de cobertura e na demolición de baixantes e canlóns. Substituiranse por unha nova cobertura de panel sándwich de 50 mm e por placas translúcidas planas de policarbonato celular. Os novos canlóns e baixantes colocaranse de chapa de aceiro galvanizado.