Accessibility Tools

Todas

A ASOCIACIÓN A CREBA DE RIBEIRA DESCOBRE O PATRIMONIO E A HISTORIA DE VALGA NUNHA VISITA AO MUSEO

- Coñeceron a evolución de Valga dende os primeiros poboadores ata a actualidade e achados dos principais xacementos arqueolóxicos locais

- A visita, guiada por Santiago Chenlo, tamén puxo en valor o legado de persoeiros coma Ferro Couselo, Padre Isorna ou a Bella Otero

CrebaMuseo1

Valga, 23 de outubro de 2026.

O Museo da Historia recibiu onte a un grupo de usuarios da asociación Saúde Mental A Creba, chegados dende o seu centro de Ribeira. A Creba é un colectivo dedicado á atención psicosocial de persoas con problemas de saúde mental e ao apoio ás súas familias e achegados.

A visita estivo guiada polo técnico municipal responsable do Museo, Santiago Chenlo, que os conduciu por un percorrido dende os primeiros poboadores ata a actualidade, descubrindo como evolucionou o concello ao longo dos séculos.

Tamén se achegaron á riqueza natural de Valga, con expoñentes coma o río Ulla ou as fervenzas, e á riqueza cultural e patrimonial. Santiago Chenlo explicoulles a importancia dalgúns dos tesouros arqueolóxicos que se custodian no museo, pezas rescatadas de xacementos coma Igrexa Vella, Mercado dos Mouros e Agramar, a ara dedicada ao deus Mercurio atopada na capela de San Mamede dos Martores ou un capitel orixinal de Setecoros.

E, por último, coñeceron a algúns dos persoeiros máis relevantes de Valga e os capítulos que marcaron as súas vidas: dende a raíña da Belle Époque, a Bella Otero, ata o historiador e investigador Xesús Ferro Couselo ou o Padre Isorna.

CrebaMuseo2 CrebaMuseo3