Accessibility Tools

Todas

OS NOVOS TALENTOS DA MÚSICA GALEGA DANSE CITA ESTE VENRES NO AUDITORIO COA DISPUTA DO CERTAME INTERCENTROS MELÓMANO

- Valga é sede da fase autonómica deste concurso, que cumpre a súa 25 edición

- Artistas de varios centros de Grao Profesional de Galicia competirán co obxectivo de clasificarse para fase nacional

 

Valga, 18 de novembro de 2026.

O Auditorio Municipal convértese, este venres a partir das 17:00 horas, en punto de encontro de novos intérpretes e amantes da música ao acoller a fase autonómica do certame Intercentros Melómano. As instalacións municipais, nas que desenvolve a súa actividade o Centro Superior Galival Music, foron elixidas como sede oficial desta fase, o que “representa unha honra e unha satisfacción, ademais dunha oportunidade de contribuír á promoción, difusión e posta en valor do talento musical das novas xeracións”, destaca a dirección do Centro Superior valgués.

O Intercentros Melómano é un dos certames nacionais de referencia para músicos xuvenís e celebra este ano a súa 25 edición. O seu obxectivo é descubrir, recoñecer e dar proxección ao talento musical do alumnado dos conservatorios e centros autorizados de España.

Os participantes teñen a oportunidade de demostrar as súas cualidades artísticas como solistas, interpretando obras de libre elección ante un xurado especializado. O concurso desenvólvese en tres etapas. Unha primeira selección nos propios centro, que elixe ao alumnado que os representará. Despois, fase autonómica, na que os concursantes de cada comunidade interpretan o seu repertorio ante un xurado. O primeiro clasificado de cada autonomía pasa, por último, á fase nacional.

Máis aló da competición, o certame busca ofrecer ao alumnado unha experiencia artística e profesional enriquecedora: actuar en público, enfrontarse a un xurado, compartir escenario con outros mozos intérpretes e dar visibilidade ao seu talento. Ademais, ofrece oportunidades de formación, concertos, gravacións e proxección profesional.

CartelMelomanos