- O alcalde e a concelleira de Educación acompañaron hoxe a técnicos da Consellería nunha visita ao centro

Valga, 11 de novembro de 2026.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, acompañaron hoxe a técnicos da Consellería nunha visita ao colexio Baño-Xanza para buscar solución aos problemas de pingueiras no centro.
Os responsables municipais sinalaron trala visita que "temos o compromiso da Consellería de reparar de urxencia as canalizacións e desaugadoiros dos tellados onde teñen orixe estés problemas".
"Dende o momento en que tivemos coñecemento do que estaba a suceder puxémonos en contacto con responsables de Educación da Xunta e esta mañá acompañaronnos ao centro os técnicos", engadiron.
Ademáis estás actuacións urxentes , "agardamoss que no vindeiro ano a Xunta execute o proxecto principal que está pendente: fachadas e outras obras que resolvan as deficiencias que se arrastran dende que se realizou a remodelación integral do colexio. Levamos demandándoo dende fai anos e esperamos que se faga realidade", concluíron.
ES
EN