- As obras no campo de herba sintética están a piques de rematar coa aplicación deste recheo ecolóxico
- É o mesmo que elixiu a Federación Española para o campo de herba artificial da cidade deportiva de Las Rozas

Valga, 6 de novembro de 2026.
As obras no campo de fútbol de campaña están a piques de rematar e nestes últimos días os traballos céntranse na aplicación do produto máis novidoso que incorpora a nova herba sintética: o carozo de millo como substituto do caucho. O Concello adiántase así, á prohibición do uso deste material, que entrará en vigor en 2031 co obxectivo de reducir a contaminación por microplásticos.
As instalacións deportivas de Campaña sitúanse á vangarda coa aplicación deste recheo ecolóxico que presenta como principal vantaxe a sustentabilidade, pero sen renunciar ás prestacións técnicas que require a práctica deportiva, coma a proporción de amortiguación ou a redución da calor acumulada campo.
Daniel Vidal, instalador da empresa FieldTurf —a compañía encargada dos traballos—, explica algunhas das características deste recheo. “A partir de 2031 o caucho que se adoitaba botar nos campos vai a estar prohibido. Poderanse manter campos xa construídos, pero non se poderá botar nin un quilo máis. Por iso se están a buscar produtos máis ecolóxicos e respectuosos co medio ambiente”.
Dentro do abano de alternativas existentes no mercado, Vidal teno claro: “Teño moitos anos de experiencia e, dos que vin, este é o mellor con diferenza. Probouse corcho, pero flota. Tamén óso de oliva, que é moi abrasivo... Para min o carozo de millo é o mellor porque non presenta problemas de flotabilidade, é biodegradable pero aguanta moitísimo, e non o comen os paxaros porque é coma un derivado da madeira”.
Para fabricar este recheo emprégase o anel de madeira que teñen os carozos na súa parte exterior. Procésase e tritúrase ata acadar la granulometría correcta. “Ten un comportamento moi, moi parecido ao caucho en canto a rebote do balón, amortiguación, etc. É o mellor produto que hai agora mesmo no mercado”, afirma Daniel Vidal. E así o debe pensar tamén a Federación Española de Fútbol, xa que foi o elixido para o campo principal de céspede artificial da cidade deportiva de Las Rozas, no que adestran e xogan as categorías inferiores da Selección.
En Galicia, o de Campaña será o segundo campo en empregar esta tecnoloxía. “Fixemos un fai moi pouco en Teo, pero é un campo pequeno. Destas dimensións, o de Valga será o primeiro. Vai ser un campo para vir a visitar”, sinala o instalador.

ES
EN