- Manuela Eiras Castiñeiras, veciña de Ferreirós, cumprira 102 anos o pasado 24 de marzo
- O alcalde trasladou o pésame á familia en representación da Corporación e de todos os valgueses

Valga, 19 de maio de 2026.
Con gran pesar coñecemos hoxe a nova do falecemento dunha das veciñas máis queridas e lonxevas de Valga, Manuela Eiras Castiñeiras, de Ferreirós (Cordeiro). "Nela de Catalina", como era coñecida, faleceu hoxe e os seus restos son velados na sala 3 do tanatorio municipal hoxe ata as 22:00 e mañá de 9:00 a 17:30. A esta hora están previstos os actos fúnebres na súa honra, que se celebrarán na igrexa parroquial de Cordeiro
Hoxe lembramos con cariño a emotiva festa de aniversario que o alcalde e a concelleira Carmen Gómez compartieron con toda a familia de Nela o pasado 24 de marzo para celebrar o seu 102 aniversario. Bello Maneiro trasladou hoxe as condolencias á familia en representación do Concello, de toda Corporación e, en xeral, dos veciños de Valga.
Manuela, dedicada durante gran parte da súa vida aos traballos do campo e do fogar, foi a matriarca dunha extensa familia. Tivo nove fillos, ten catorce netos, dezaoito bisnetos e un tataraneto.

ES
EN