Accessibility Tools

Todas

CONCELLO E TRÁFICO PROMOVEN UNHA XORNADA SOBRE PREVENCIÓN DE ATROPELOS ENTRE AS PERSOAS MAIORES

- Celebrarase o mércores día 18 no Auditorio Municipal a partir das 10:30 horas

- Repartiranse chalecos reflectores entre os asistentes, que deben inscribirse con anterioridade

 

Valga, 4 de novembro de 2026.

O Auditorio Municipal acollerá proximamente unha xornada centrada na prevención de atropelos impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT), a Garda Civil e o Concello co obxectivo de reducir a sinistralidade viaria. Trátase dunha actividade especificamente orientada a un dos colectivos máis vulnerables, o das persoas maiores, se ben tamén poden participar outros veciños interesados en coñecer algunhas directrices básicas de seguridade.

A cita terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro, ás 10:30 horas e con ela quérese concienciar á cidadanía sobre a problemática dos atropelos a peóns, ofrecendo aos asistentes pautas seguras de comportamento para camiñar pola estrada ou beirarrúas. Entre elas, empregar elementos reflectores ou roupa clara e concienciar sobre algunhas limitacións físicas coma a perda de reflexos, agudeza visual ou auditiva e como compensalas ao cruzar a rúa. Como incentivo, farase entrega de chalecos reflectores ás persoas asistentes.

Para asistir á xornada é preciso cubrir unha folla de inscrición que pode solicitarse no Concello ou no Auditorio.

Xornada de prevención de atropelos