Accessibility Tools

Todas

A MELLORA DOS SERVIZOS NA ÁREA EMPRESARIAL DE CAMPAÑA E O CARBALLIÑO CONTINÚA COA INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN

- As novas luminarias colocáronse na vía situada entre as instalacións de ODL e a nova Urovesa

- O investimento realizado ascendeu a 22.782 euros, cunha subvención da Consellería de Industria

ObrasIluminaciónCampaña1

Valga, 18 de novembro de 2026.

As infraestruturas e servizos da área empresarial de Campaña e do Carballiño veñen de recibir un novo impulso coa dotación de alumeado no tramo de estrada que discorre entre as instalacións do grupo ODL e o recinto da nova Urovesa.

A intervención consistiu no subministro e instalación de 13 columnas de alumeado coas súas correspondentes luminarias e o tendido de case medio quilómetro de cableado. As obras, cun orzamento de 22.782’39 euros, foron executadas pola empresa SETGA e financiadas cunha subvención da Consellería de Economía e Industria da Xunta para a mellora de infraestruturas en áreas industriais de Galicia.

Continúase, deste xeito, avanzando na consecución de infraestruturas de calidade e seguras nos accesos e vías interiores da zona, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da actividade empresarial e a circulación. O de Campaña-O Carballiño é o principal complexo industrial de Valga, no que están radicadas as grandes empresas do municipio, xerando un gran volume de mercadorías e mobilizando diariamente arredor de 2.000 traballadores.

Ademais da nova iluminación, fai unhas semanas tamén se acometeu o asfaltado de varias vías na zona norte deste mesmo parque, cun investimento de case 143.000 euros, tamén ao abeiro dunha subvención da Consellería de Economía e Industrial. O goberno local reforza, así, o compromiso coa modernización e posta a punto das infraestruturas e servizos básicos.

ObrasIluminaciónCampaña2