- Terá lugar o vindeiro mércores, día 25, ás 10:30 horas no Auditorio Municipal
- Está principalmente orientada a persoas maiores pero a asitencia é aberta a todos os veciños interesados, que xa poden inscribirse

Valga, 19 de novembro 2026.
A Garda Civil impartirá en Valga o vindeiro mércores, día 25, unha charla sobre seguridade orientada, principalmente, a persoas maiores, pero aberta tamén á asistencia de calquera veciño que queira informarse sobre medidas básicas para evitar ser vítima dunha acción delitiva. A actividade, programada para as 10.30 horas, terá como relator a José Luis Peso.
Trátase dunha xornada informativa que se desenvolve no marco do Plan Maior Seguridade, un programa do Ministerio do Interior para previr os principais riscos que afectan ás persoas maiores de 65 anos e reforzar a súa confianza nas forzas e corpos de seguridade.
Durante a sesión ofreceranse unha serie de recomendacións para evitar roubos en vivendas, furtos na vía pública, estafas bancarias ou abusos económicos por parte de terceiros, entre outros posibles delitos. Tamén se abordarán a seguridade dixital, a protección fronte ao maltrato ou como actuar ante casos de desaparicións.
Dase, así, continuidade ás actividades sobre seguridade dirixidas ao colectivo de maiores que se están a celebrar nas últimas datas, como a sesión sobre prevención de atropelos desenvolvida onte no Auditorio.
A asistencia e gratuíta e as inscricións poden realizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello.

ES
EN