- Estudantes de Valga, Pontecesures e Catoira foron premiados polos seus relatos
- As pandereteiras de Casal de Eirigo e o gaiteiro Pablo Dopazo puxeron a música
Valga, 18 de maio de 2025.
As comunidades escolares do colexios Xesús Ferro Couselo e Baño-Xanza, CPI de Pontecesures e Progreso de Catoira déronse cita no Auditorio Municipal para conmemorar a festividade das Letras Galegas coa XXVII edición do Certame Intercentros, organizado nesta ocasión pola ANPA do colexio de Cordeiro.
Durante o acto, que contou coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, entregáronse os premios do concurso literario no que participou o alumnado de 3º,4º,5º e 6º cursos de Educación Primaria dos catro centros do Baixo Ulla. Os gañadores foron:
3º de Primaria:
- 1º premio: Lía Jamardo Jamardo, do colexio Baño-Xanza, con “A escura noite de veran” (narrativa)
- 2º premio: Enzo Pereira Ferreirós, do colexio de Catoira, con “Os deportes” (poesía)
- 3º premio: Marco Oliveira Rey, do colexio Ferro Couselo, con “O roubo do Kazoom” (banda deseñada)
- 4º premio: Abigail Lorenzo Gómez, do colexio de Pontecesures, con “Na búsqueda do tesouro dourado” (narrativa).
4º de Primaria:
- 1º premio: Martina Mouriño Senín, do colexio Ferro Couselo, con “Unha amizade diferente” (narrativa)
- 2º premio: Daniela Gándara Jamardo, do colexio de Pontecesures, con “As pantasmas Fernando e Pipo” (narrativa)
- 3º premio: Victoria Ferreirós Martín, do colexio de Catoira, con “Mariña e o circo” (narrativa)
- 4º premio: Sara Pérez Verde, do colexio Baño-Xanza, con “A lenda de Tralalero Tralalá” (narrativa).
5º de Primaria:
- 1º premio: Lois Janeiro Castroagudín, do colexio de Pontecesures, con “O son das mulleres” (poesía)
- 2º premio: Inés Vázquez Soutullo, do colexio Ferro Couselo, con “A flor da vida” (banda deseñada)
- 3º premio: Adela Devesa López, do colexio Baño-Xanza, con “A bruxa Horacia” (narrativa)
- 4º premio: Uxía Iglesias Pérez, do colexio de Catoira, con “A nena que non quería falar en galego” (narrativa).
6º de Primaria:
- 1º premio: Ana Riveiro Rodríguez, do colexio de Catoira, con “Cantareiras do meu pobo” (poesía)
- 2º premio: Vera Mene López, do colexio Baño-Xanza, con “Galicia, a comunidade de monte e mar” (poesía)
- 3º premio: Daniela Campos Quintáns, do colexio de Pontecesures, con “O xogo con clave” (narrativa)
Entre os agasallos que recibiron estes novos escritores había bolsas co logotipo do colexio Ferro Couselo, pezas de barro feitas polos usuarios do CODI e libros.
A gala contou con actuacións musicais a cargo das pandereteiras de Casal de Eirigo e do gaiteiro Pablo Dopazo.