Accessibility Tools

A ARQUEOLOXÍA

AGRAMAR

O obxectivo destra prospección arqueolóxica foi a localización de posibles restos asociables á Turris Augusti, monumento memorable mencionado por Pomponio Mela (século I d.C). Este autor descríbeo como un monumento honorífico a Augusto, erixido probablemente polo Irienses no río Ulla, fronte a desembocadura do río Sar.

A busca motivou unha selección e investigación inicial dunha área dunhas 50Ha. de terra e auga. O resultado foron restos romanos e medievais que se ben aínda non deixan demostrar a localización do monumento, si permiten reforzar a idea de grande actividade comercial deste tramo do río Ulla ao seu paso por Valga.

MERCADO DOS MOUROS

O xacemento é un espazo de 1,15 Ha. de forma ovalada e sobreelevado sobre as brañas do río Ulla. Os seus límites están perfectamente claros pola existencia dun muro de mampostería que o rodea e que contén as terras «secas» das inundables durante a afluencia das mareas do Ulla, convertendo este espazo de O Mercado dos Mouros nunha auténtica illa.

Trátase dun asentamento habitacional de época romana cuxo esplendor máximo se sitúa no cambio de era. A súa localización e materiais demostran unha importante función comercial-portuaria dentro do circuíto comercial que nesta época remontaría o Ulla e dende onde se captaría parte dese comercio e se redistribuiría cara o interior.

A IGREXA VELLA

A «Igrexa Vella» de Santa Comba de Louro é un xacemento arqueolóxico singular en Galicia ao documentarse nel unha ocupación humana que comeza no século IV d.C., durante a época romana, para se converter nun edificio relixioso. Mantén esta función até o XVIII, século no que se desmantela a vella igrexa para trasladala ao lugar que ocupa actualmente, reaproveitando a pedra para o actual templo.

As escavacións non permitiron concretar a función do primeiro asentamento tardorromano, mais, con moita probabilidade se trata dun pequeno complexo de vivendas e produción asociada aos restos dun forno atopado no centro da nave da igrexa.

No século V, coa cristianización do Imperio Romano, constrúese unha pequena igrexa basilical de planta rectangular sobre o complexo tardorromano, reempregando materiais do mesmo. Entre os séculos VIII e IX, ben por un incendio ou ben pola necesidade de ampliación do templo, érguese unha igrexa altomedieval de cabeceira cruciforme á que se lle adosa no século XVI unha sancristía e capela lateral no seu lado norte.

 

LA ARQUEOLOGÍA

AGRAMAR

El objetivo de esta prospección arqueológica fue la localización de posibles restos asociados al Turris Augusti, monumento memorable mencionado por Pomponio Mela (siglo I d.C.). Este autor lo describe como un monumento honorífico a Augusto, probablemente erigido por los Irienses en el río Ulla, frente a la desembocadura del río Sar.

La búsqueda motivó una selección e investigación inicial de un área de unas 50Ha. de tierra y agua. El resultado fueron unos restos romanos y medievales que, si bien todavía no permiten demostrar la ubicación del monumento, sí que permiten reforzar la idea de una gran actividad comercial en este tramo del río Ulla a su paso por Valga.

MERCADO DOS MOUROS

El yacimiento es un espacio de 1,15 Ha. de forma ovalada y sobreelevada sobre las brañas del río Ulla. Sus límites están perfectamente claros debido a la existencia de un muro de mampostería que lo rodea y que contiene los terrenos "secos" de las inundables durante la afluencia de las mareas del Ulla, convirtiendo este espacio de O Mercado dos Mouros en una auténtica isla.

Se trata de un asentamiento habitacional de época romana cuyo máximo esplendor se sitúa en el cambio de era. Su ubicación y materiales demuestran una importante función comercial-portuaria dentro del circuito comercial que en esta época remontaría el Ulla y desde donde se captaría este comercio y se redistribuiría hacia al interior.

A IGREXA VELLA

La «Igrexa Vella»  de Santa Comba de Louro es un yacimiento arqueológico único en Galicia ya que documenta una ocupación humana que se inició en el siglo IV d.C., durante la época romana, para convertirse en un edificio religioso. Mantiene esta función hasta el XVIII, siglo en el que se desmantela la antigua iglesia para trasladarla al lugar que ocupa actualmente, reutilizando la piedra para el actual templo.

Las excavaciones no han permitido concretar la función del primer asentamiento tardorromano, pero es muy probable que se trate de un pequeño complejo de viviendas y producciones asociadas a los restos de un horno encontrado en el centro de la nave de la iglesia.

En el siglo V, con la cristianización del Imperio Romano, se construyó una pequeña iglesia basilical de planta rectangular sobre el complejo tardorromano, reutilizando materiales del mismo. Entre los siglos VIII y IX, ya sea por un incendio o por la necesidad de ampliar el templo, se levantó una iglesia altomedieval de cabecera cruciforme a la que se le añadió en el siglo XVI una sacristía y capilla lateral en su lado norte.

 

THE ARCHAEOLOGY

AGRAMAR

The goal of this archaeological survey was to locate possible remains associated with Turris Augusti, a prominent monument mentioned by Pomponius Mela (1st century AD). This author describes it as an honorary monument to Augustus, probably erected by the Irienses on the Ulla River, facing the mouth of the Sar River. The search motivated an initial selection and investigation of an area of about 50 hectares of land and water. The result was Roman and medieval remains that, while not yet proving the location of the monument, do reinforce the idea of important commercial activity in this segment of the Ulla River as it flows through Valga.

MERCADO DOS MOUROS (MARKET OF THE MOORS)

The site is an oval-shaped space of 1.15 hectares elevated above the marshes of the Ulla River. Its boundaries are clearly defined by a surrounding stone wall that contains the "dry" lands during the river's tidal influx, turning this space of O Mercado dos Mouros into a true island.

It is a Roman-era habitation settlement with its peak at the turn of the era. Its location and materials are proof of an important commercial and port function within the trade circuit that would have navigated the Ulla during this period, capturing part of that commerce and redistributing it inland.

A IGREXA VELLA (THE OLD CHURCH)

The "Igrexa Vella" of Santa Comba de Louro is a unique archaeological site in Galicia, documenting human occupation dating back to the 4th century AD during the Roman era, later transformed into a religious building. It maintained this function until the 18th century, when the old church was dismantled and relocated to its current location, reusing the stone for the current temple. Excavations did not allow for a precise determination of the function of the late Roman settlement, but it probably represents a small complex of dwellings and associated production, with the discovery of a kiln in the center of the church nave. In the 5th century, with the Christianization of the Roman Empire, a small basilica church with a rectangular plan was constructed on the late Roman complex, reusing materials from it. Between the 8th and 9th centuries, either due to a fire or the need for expansion, a   high- medieval church with a cruciform apse was erected, to which a sacristy and lateral chapel were added in the 16th century.

boton extensions

boton obradoiro

Volver