Accessibility Tools

IDADE MEDIA

 O arcebispo Xelmírez, ademais de impulsar a Catedral de Santiago e de converter a cidade nun foco cultural e de referencia para toda Europa, fomentou a construción de igrexas na nosa comarca. De estilo románica destacan pola súa conservación,  Santa María de Xanza, bendicida polo propio Xelmírez e que presenta un campanario exento como característica salientable, e Santa Cristina de Campaña.

SANTA MARÍA DE XANZA

Igrexa románica dunha nave con contrafortes laterais e canzorros decorados, ten un campanario exento, unha singularidade de poucas obras románicas rurais. O seu interior conta cunha pía bautismal así como unha Virxe de pedra románicas e un retablo barroco do século XVIII. Estas características fan desta igrexa unha das xoias máis salientables da contorna.

SANTA CRISTINA DE CAMPAÑA

As primeiras datas das que se teñen constancia deste templo de estilo románico son de 1115 cando Xelmírez accede ao convento de San Martín Pinario.

Esta igrexa de nave única dividida en tres tramos conserva a portada románica abucinada e unas fermosas pinturas da Anunciación dos séculos XV-XVI no seu interior.

CAPITEIS DE SETECOROS

Os capiteis de Setecoros son auténticas rarezas das que, dous exemplos, se nos presentan na propia igrexa de San Salvador.

As teorías sobre a súa procedencia van dende a importación ata un obradoiro de cantería na zona, pasando por un taller itinerante. A datación tamén ofrece discordia xa que algúns autores datan todos os capiteis no século VI, mentres que outros, datan os cinco restantes entre os séculos III e IV. O material empregado nalgún deles, presenta un carácter excepcional ao se tratar de calcaría recristalizada (O Incio, Lugo), que pola súa dureza, adquire un corpo marmóreo e una tonalidade azulada que o fai único.

 

EDAD MEDIA

El arzobispo Xelmírez, además de impulsar la Catedral de Santiago y de convertir la ciudad en un foco cultural y referente para toda Europa, impulsó la construcción de iglesias en nuestra región. De estilo románico, destacan por su conservación, Santa María de Xanza, bendecida por el propio Xelmírez y que tiene como elemento destacable un campanario exento, y Santa Cristina de Campaña

SANTA MARÍA DE XANZA

Iglesia románica de una nave con contrafuertes laterales y canzorros decorados, tiene un campanario exento, una singularidad de pocas obras románicas rurales. Su interior cuenta con una pila bautismal así como una Virgen de piedra románica y un retablo barroco del siglo XVIII. Estas características hacen de esta iglesia una de las joyas más salientables de la zona.

SANTA CRISTINA DE CAMPAÑA

Las primeras fechas de las que se tiene constancia de este templo de estilo románico son de 1115 cuando Xelmírez accede al convento de San Martín Pinario.

Esta iglesia de una sola nave dividida en tres tramos conserva la portada románica abocinada y en su interior unas bellas pinturas de la Anunciación de los siglos XI-XVII.

CAPITELES DE SETECOROS

Los capiteles de Setecoros son auténticas rarezas de los cuales, dos ejemplos, se nos presentan en la propia iglesia de San Salvador.

Las teorías sobre su procedencia van desde la importación hasta a un taller de cantería de la zona, pasando por un taller itinerante. La datación también ofrece discordia ya que algunos autores fechan todos los capiteles en el siglo VI, mientras que otros, fechan los cinco restantes entre los siglos III y IV. El material utilizado en alguno de ellos, presenta un carácter excepcional al tratarse de calcaría recristalizada (O incio, Lugo) que por su dureza, adquiere un cuerpo marmóreo y una tonalidad azulada que lo hace único.

 

THE MIDDLE AGE

In addition to promoting the construction of the Cathedral of Santiago and turning the city into a cultural and reference center for all of Europe, Archbishop Xelmírez encouraged the building of churches in our region. Outstanding due to their Romanesque style and preservation are Santa María de Xanza, blessed by Xelmírez himself, featuring a noteworthy freestanding bell tower, and Santa Cristina de Campaña.

SANTA MARÍA DE XANZA 

A Romanesque church with a single nave, lateral buttresses, and decorated corbels. It has a freestanding bell tower, a singularity of few rural Romanesque works. The interior displays a baptismal font, a Romanesque stone Virgin, and an 18th-century Baroque altarpiece. These features make this church one of the most distinctive gems in the surrounding area.

SANTA CRISTINA DE CAMPAÑA 

The earliest known dates of this Romanesque-style temple are from 1115, when Xelmírez took over the San Martín Pinario convent. This single-nave church divided into three sections preserves the abutted Romanesque entrance and beautiful 15th-16th century Annunciation paintings inside.

CAPITALS OF SETECOROS 

The capitals of Setecoros are genuine rarities, and two examples can be found in the church of San Salvador. The theories about their origin range from importation to a local stone workshop, passing through a traveling workshop. The dating also causes disagreement, as some authors place all the capitals in the 6th century, while others date the remaining five between the 3rd and 4th centuries. The material used in some of them is exceptionally unique, namely recrystallized limestone (O Incio, Lugo), which, due to its hardness, acquires a marble-like texture and a bluish tone that makes it one-of-a-kind.

boton extensions

boton obradoiro

Volver