Accessibility Tools

PLAN DE DINAMIZACIÓN CULTURAL E TURÍSTICA

Este plan está baseado en dous proxectos de valorización estratéxica. O primeiro é o patrimonio natural e o segundo o patrimonio histórico-artístico.

Patrimonio Natural:

Co fin de dar a coñecer os distintos recursos naturais que ten o concello, créase “Valga Verde”, unha rede de lugares de interese natural, paisaxístico e didáctico:

  • Fervenzas de Raxoi e Parafita
  • Lagoa Mina Mercedes
  • Monte Beiro
  • Praias fluviais de Vilarello e Valga
  • Parque Irmáns Dios Mosquera 

Patrimonio Histórico-Artístico:

O Museo da Historia de Valga focaliza a posta en valor e a difusión do patrimonio. Deste xeito apóstase pola conservación dos diferentes enclaves destacables á vez que se expoñen ao público os achados máis relevantes da nosa historia.

Os principais elementos patrimoniais do noso concello divídense en:

  • Relixiosos: Igrexas e Capelas
  • Histórico - artísticos: Petróglifo Pedra da Serpe, Igrexa Vella, Mercado dos Mouros, Museo da Historia de Valga, Ponte do Souto e Belén Artesanal en Movemento

-     

boton igrexa vella

boton cita previa sede

boton extensions

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver