Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A festa, no Parque Dios Mosquera, comezou cun xantar e seguirá pola tarde con xogos e a actuación do dúo Nueva Era

- Entre os asistentes, tanto de Valga coma doutras moitas localidades, atópanse o alcalde e o concelleiro de Cultura

26Radio1

Valga, 1 de maio de 2025.
Radio Valga está a celebrar durante a xornada de hoxe o seu 26 aniversario cunha festa na que participan trescentos oíntes e seguidores, entre eles o alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Cultura, Pedro Calvo, que foi, ademais, durante tempo locutor da emisora municipal.

A celebración ten como centro neurálxico o Parque Irmáns Dios Mosquera, onde se instalou unha carpa para albergar un gran xantar a base de empanadas, polbo á feira, churrasco con patacas e ensalada e sobremesa. Entre os comensais hai xentes tanto de Valga coma doutras localidades da contorna ás que chegan as emisións de Radio Valga, nenos dende ben cativos ata maiores, pero todos con gañas de pasalo ben coas actividades que hai programadas para esta tarde.

Haberá inchables para que os nenos estean entretidos e teñan alternativas de diversión. Tamén se celebrará un campionato de xogos populares coma a chave, a ran, a estornela, aros e carreiras de sacos, con medallas para os gañadores. E, a partir das 18:00 horas, empezará a soar a música co dúo Nueva Era, incluíndo unha competición de baile con trofeos para os mellores bailaríns.

Durante a xornada de festa sortearanse numerosos agasallos doados por casas comerciais e colaboradores da emisora municipal. Entre os premios hai xamóns e ceas, entre outros. Ademais, todos os asistentes recibirán unha bolsa e unha gorra de Radio Valga.

26Radio2 26Radio3

26Radio4 26Radio5

Volver