Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Realizaron unha percorrido polas instalacións, no que tiveron como guías aos mestres composteiros do Concello

- Os expertos en residuos trataron de concienciar aos rapaces sobre a reutilización e a reciclaxe

BañoPuntoLimpo1

Valga, 23 de abril de 2024.

Alumnado do colexio Baño-Xanza realizou esta mañá unha visita formativa ás instalacións do Punto Limpo, un servizo que o Concello de Valga ofrece gratuitamente aos veciños para fomentar a correcta separación de residuos.

O grupo, formado por 33 alumnos de 6º de Primaria, desprazouse a pé dende o colexio ata o Punto Limpo, onde foron recibidos polos mestres composteiros Yoel Castro e Silvia Torres. Os responsables do departamento municipal de residuos trataron de concienciar aos estudantes de que o lixo non desaparece cando se deposita nos contedores, de aí que sexa importante reciclar sempre que sexa posible.

Explicáronlles que tipo de residuos poden levarse ao Punto Limpo e faláronlles sobre a importancia da reutilización, xa que hai moitos obxectos que a determinadas persoas xa non lles serven pero que si poden ser de utilidade para outras, ou que poden repararse para que teñan unha segunda vida. De feito, algúns rapaces detectaron entre o lixo cousas e materiais que lles gustaría levar para as súas casas.

Os mestres composteiros tamén lles explicaron a diferencia entre un vertedoiro e un Punto Limpo. Neste último recinto, os residuos están separados por tipoloxías e o obxectivo é conseguir que a meirande parte se reutilicen ou reciclen e que tan só unha mínima parte acabe acumulada nun vertedoiro. Neste sentido, tamén se fixo fincapé durante a visita en que a xestión de residuos é fundamental para frear o cambio climático, tratando de implicar ao máximo aos rapaces e facéndolles ver que pequenos xestos e accións individuais poden contribuír ao coidado do medioambiente.

BañoPuntoLimpo2 BañoPuntoLimpo3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver