Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As especies elixidas son diferentes frutais, un magnolio e un ameneiro, ata un total de trinta exemplares

- Os traballos corren a cargo dos aprendices da especialidade de forestais

PlantaciónMinaMercedes1

Valga, 23 de abril de 2024.

O grupo de forestais do Obradoiro de Emprego Xóvenes II está a traballar na Mina Mercedes, realizando unha plantación de arborado na zona de acceso á área verde e no parque infantil e deportivo.

Esta práctica, que é dirixida polo docente da especialidade, José Manuel Picallo, corresponde ao módulo de Repoboación Forestal. Os aprendices están a aportar terra negra vexetal para que as raíces poidan expandirse e as árbores non sequen. Outro dos pasos importantes do proceso é realizar cortes nos cepellóns para evitar que as raíces se espiralicen e que o aire non tire os exemplares. Por último, aplican abono de liberación lenta coidando que non quede pegado ás raíces, para non queimalas.

Arredor de cada árbore quedará un corgo para que, cando chova, a auga se acumule e penetre na terra.

As especies que se están a plantar inclúen limoeiros, laranxos, maceiras rabiosas, abeleiras, nogueiras, amendoeiras, freixos, cerdeiras, nísperos, un magnonio e un ameneiro. Serán un total de trinta árbores.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes II, no que participan dezaseis mozos de Valga e Moraña nos módulos de forestais e albanelería, foi posto en marcha por estes dous concellos en outubro do pasado ano, cunha subvención da Xunta de Galicia. Está cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027.

PlantaciónMinaMercedes2 PlantaciónMinaMercedes3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver