Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A xornada “Cóidome”, celebrada hoxe no Auditorio, tratou asuntos coma o descanso, a actividade física ou o uso axeitado de medicamentos

- Os ámbitos educativo, xuvenil, familiar e laboral serán aos que se dirixan as diferentes accións

Coidome1

Valga, 13 de maio 2024.

O Plan de Prevención das Condutas Adictivas, que o Concello de Valga comparte con Dodro, Padrón, Rois e Rianxo, inicia unha nova campaña de actividades para advertir sobre as consecuencias do consumo de drogas, legais ou ilegais, e doutras adiccións relacionadas coas tecnoloxías ou o xogo, por exemplo. Este proxecto, que leva en marcha dende o ano 2013, ten como finalidade atender as demandas de información, asesoramento, formación e intervención en diferentes ámbitos (familiar, escolar, xuvenil ou laboral) e desenvólvese en colaboración con diversos axentes sociais coma centros educativos e ANPAS, forzas de seguridade, centros de saúde, técnicos de xuventude, departamentos de Servizos Sociais, centros deportivos ou asociacións, entre outros.

As actividades en Valga iniciáronse esta mañá coa iniciativa “Cóidome”, organizada en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) no marco da programación conmemorativa do 8-M. Foi unha xornada formativa sobre hábitos de vida saudables na que se ofrecer unha serie de consellos para acadar o benestar físico e tamén psíquico e mental. Tratáronse asuntos coma o descanso, a actividade física, o uso axeitado de medicamentos e outros coidados sanitarios e a hixiene.

Durante os vindeiros meses realizaranse outras accións orientadas, por exemplo ao ámbito escolar, dende Primaria ata o remate da educación obrigatoria, para tratar de reducir o impacto de factores de risco asociados ao consumo de drogas, a adicción ás tecnoloxías e ás redes sociais ou ás apostas online. Esta é unha poboación de especial risco, polo que é fundamental dotalos das ferramentas necesarias para evitar o consumo ou retrasar o seu inicio.

Durante a etapa xuvenil a percepción do risco é practicamente inexistente e na que as presións de grupo exercen unha grande influencia. Por iso, os mozos deben contar con información suficiente e pautas que lles axuden a afrontar as situacións de cambio ás que se van a enfrontar no seu día a día, ofrecéndolles alternativas de ocio saudables e explicándolles a quen poden acudir cando se lles presenten problemas ou dúbidas.

O ámbito familiar e outro no que incidirán as actividades do Plan de Prevención. A familia é o axente socializador máis importante co que contan os menores, polo que é necesario dotar aos pais ou titores de estratexias para a xestión de conflitos relacionados coas adiccións e para mellorar a comunicación, dándolles unha serie de pautas coa que traballar a disciplina e o establecemento de normas.

Por último, en canto ao ámbito laboral, traballarase con persoal das empresas dos cinco concellos, dando prioridade a sectores coma a hostalería.

Coidome2 Coidome3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver