Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A Xunta financiará os traballos con 20.000 euros e o Concello encargarase de executalos

- Outro dos asuntos que trataron foi o funcionamento do CODI

AlcaldeFabiola1

Valga, 12 de marzo de 2024.
O alcalde, José María Bello Maneiro, mantivo esta mañá unha entrevista coa conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, para estudar novas vías de colaboración que permitan seguir mellorando a atención ás persoas maiores de Valga. Con este obxectivo, asinaron un convenio de colaboración para acometer obras nas instalacións do Centro de Día, que forma parte da rede pública da Xunta de Galicia.

Este convenio desenvolverase a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que financiará as actuacións que se leven a cabo no equipamento e que se encargará de executar o Concello. O investimento previsto para esta intervención é de arredor de 20.000 euros.

Estas melloras sumaranse a outras xa feitas nesta infraestrutura, e que consistiron na mellora da accesibilidade e funcionalidade do servizo. Fai catro anos Xunta e Concello rubricaron outro convenio de colaboración para a instalación dun ascensor no Centro de Día, por un montante de 75.000 euros.

Outro dos asuntos tratados na xuntanza foi o funcionamento do Centro Ocupacional de persoas con Discapacidade (CODI), instalación municipal que atende a persoas e familiares de Valga e doutras localidades limítrofes.

AlcaldeFabiola2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver