Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade é organizada polo Concello para promover o envellecemento activo e as relacións sociais das persoas maiores

- Os participantes, que hoxe recibiron a visita do alcalde, realizarán en sesións semanais exercicios e xogos para optimizar as capacidades súas cognitivas

OMemoria1

Valga, 20 de febreiro de 2024.

Esta mañá deron comezo no Auditorio Municipal e no CODI os obradoiros de estimulación cognitiva organizados polo Concello co obxectivo de contribuír ao envellecemento activo das persoas maiores e ofrecerlles alternativas socializadoras para evitar o seu illamento. É unha actividade dirixida, primordialmente, a maiores de 65 anos, aínda que tamén hai participantes de menor idade. Todas as persoas que se inscribiron, un total de trinta e dúas, contan con praza.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo visitaron esta mañá aos integrantes dos dous grupos e animáronos a que sigan participando nesta e noutras actividades que o Concello dirixe a este sector da poboación.

Estes obradoiros de memoria son impartidos pola mestra educadora Estefanía López. Ata o mes de xuño traballarase o desenvolvemento cognitivo dunha forma lúdica e sempre tendo en conta os intereses dos propios participantes e as súas necesidades, “adaptándonos ao ritmo de cada un e promovendo a colaboración entre todos”, explica a docente.

A principal preocupación que lle trasladaron os inscritos foi a perda progresiva de memoria, de xeito que as sesións, que se celebrarán con periodicidade semanal, incidirán especialmente nesta cuestión, tratando de frear o deterioro das capacidades cognitivas a través de exercicios e xogos que contribúan a estimular e adestrar o cerebro e, deste xeito, axuden a un maior benestar e calidade de vida dos participantes.

Na primeira sesión de hoxe realizaron dinámicas de presentación para coñecerse e traballaron con xogos de letras e de palabras encadeadas e realizaron exercicios de memorización.

OMemoria2 OMemoria3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver