Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Investíronse neste espazo case 48.000 euros aportados pola Deputación provincial

- A zona pasa a ter prioridade peonil e só está permitido o acceso con vehículos a residentes

CapelaVilarObras1

Valga, 19 de febreiro de 2024.

A praza da capela de Vilar conta xa con novo pavimento, despois de rematar as obras de humanización que se executaron durante os últimos meses e que supuxeron o investimento de 47.860’49 euros aportados pola Deputación provincial. O proxecto permitiu dotala dunha nova imaxe máis acorde aos elementos patrimoniais enclavados no lugar: a capela de San Paio e o cruceiro.

Os traballos consistiron na retirada do vello pavimento de asfalto e formigón e a instalación de canalizacións para diferentes servizos: abastecemento de auga, rede de pluviais e alumeado. As actuacións completáronse coa colocación do novo pavimento, tanto na praza coma nun camiño que bordea a capela. Combina lousas de granito e empedrado e con el este espazo, situado en pleno centro do núcleo tradicional de Vilar, ofrece un aspecto moito máis uniforme.

O Concello sacou adiante este proxecto co obxectivo de ofrecer aos veciños desta aldea un espazo máis seguro, cómodo e funcional, creando unha zona de lecer e reunión na que teña prioridade o uso peonil, limitándose o acceso de vehículos tan só aos residentes.

Os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo realizaron unha visita ao lugar para comprobar o resultado das actuacións.

CapelaVilarObras2 CapelaVilarObras3

CapelaVilarObras4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver