Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Instalaranse tres centros de compostaxe comunitaria en tres grandes xeradores do municipio

- Tamén se ampliará o servizo de préstamo de microtrituradoras

ValgaComposta

Valga, 20 de decembro de 2023.

O Concello de Valga vén de recibir unha subvención por valor de 25.573’14 euros da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través da orde do 1 de xuño pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao mecanismo de recuperación e resiliencia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e polos fondos Next Generation da Unión Europea.

A subvención divídese en dúas anualidades. Neste 2023 investiranse 2.302’20 euros e durante 2024 os restantes 23.270’94. As actuacións a levar a cabo serán a instalación de tres centros de compostaxe comunitaria para tratar os biorresiduos de tres grandes xeradores do concello, así coma a adquisición dunha microtrituradora para ampliar o servizo de préstamo co que conta o Concello e que está a ter un gran acollida por parte dos veciños dende a súa posta en marcha en 2021.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver