Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Á xuntanza asistiron a conselleira e o secretario xeral de Promoción do Emprego

- A falta de solo empresarial e as dificultades para atopar persoal cualificado foron algúns dos temas que se abordaron

image gallery

Valga, 2 de febreiro de 2024.

Como é xa tradición cada ano, o Concello celebrou este mediodía unha xuntanza de traballo cos empresarios locais co obxectivo de coñecer as súas inquedanzas ao respecto da situación actual do sector industrial en Valga, e trasladalas á Xunta de Galicia, que estivo representada na cita pola conselleira e o secretario xeral de Promoción do Emprego, Elena Rivo e Alberto Fuentes, así coma o delegado territorial en Pontevedra, Agustín Reguera. En representación do Concello estiveron o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez, delegada das áreas de Industria e Emprego, e o edil Pedro Calvo.

As empresas que participaron no encontro foron Extrugasa, Exlabesa, Transportes Touceda, Transportes Jamardo, Barton Maquinaria, Serrerías Rodríguez, Valdeza, ODL, Urovesa, Lema, Víctor Castiñeiras, Eldesa, Hormadisa e Centro Superior de Música (CSM Galicia).

Esta xuntanza anual pretende reforzar as relacións entre o empresariado e as administracións autonómica e local para desenvolver accións e proxectos que permitan reforzar a competitividade das industrias valguesas, atraer novas empresas ao municipio e que todo isto redunde na creación de novos postos de traballo e a consolidación dos xa existentes. Deste xeito, os empresarios aproveitaron o almorzo de traballo para poñer sobre a mesa algunhas das súas necesidades e problemáticas. Por exemplo, falta de solo industrial, que limita as posibilidades de ampliación das súas instalacións, as dificultades para atopar man de obra cualificada, ou o incremento dos custos de produción aos que tiveron que facer fronte nos últimos anos.

O alcalde sinalou, no transcurso da xornada, a importancia que para Valga ten o sector industrial, do que dependen milleiros de empregos. Por iso, engadiu, é preciso manter unha estreita colaboración entre as administracións e o empresariado para coñecer de primeira man a súa realidade e promover accións que repercutan, o que permite coñecer de primeira man a súa realidade e promover accións que favorezan o seu crecemento e competitividade.

image gallery 1

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver