Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A zona contará con novo pavimento e mobiliario, renovaranse as canalizacións e servizos e terá prioridade peonil

- O proxecto é financiado integramente pola Xunta de Galicia

ObrasPrazaSouto1

Valga, 30 de xaneiro de 2024.  

As obras de acondicionamento da Praza do Souto, coas que quere poñer en valor este espazo de Pontevalga, están en execución por parte da empresa Covsa.

Antes do Nadal xa se realizaran na zona traballos preparatorios, coma a demolición do pavimento existente, a retirada do vello mobiliario e canalizacións e a adaptación de arquetas á nova cota, pero foi nos últimos días cando deu comezo o proxecto de humanización, co que se pretende converter esta praza nun lugar seguro e funcional, favorecendo o seu uso por parte dos veciños e reforzando a súa conexión cos equipamentos e espazos anexos, coma o Edificio de Usos Administrativos e a Praza Manuel Vicente Cousiño.

As obras inclúen a dotación de novo pavimento en toda a praza e renovación das beirarrúas con pedra de granito e adoquín. Actualizaranse tamén as instalacións de saneamento e abastecemento e soterraranse as líñas aéreas de servizos. Por último, está previsto instalar nova iluminación.

A zona pasará a ter prioridade peonil coa eliminación, ao máximo, do tráfico de vehículos, e limitándoo só a residentes.

En total estanse a investir 240.330 euros, aportados integramente pola Xunta de Galicia.

ObrasPrazaSouto2 ObrasPrazaSouto3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver