Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo acudiron a felicitala e agasallárona cunha placa e flores

- A nova centenaria reuniu hoxe a toda a familia, formada por 6 fillos, 14 netos e 12 bisnetos

ConcepciónJamardo1

Valga, 27 de xaneiro de 2024.
Valga conta cunha nova centenaria: Concepción Jamardo Neira, veciña do Sixto, que hoxe cumpre 100 anos. O alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo acudiron a visitala e a felicitala en nome de todos os valgueses nunha data tan especial. Non en balde, Concepción é a terceira veciña máis lonxeva do concello, despois de María Tarrío, de Moldes, con 101, e Manuela Duro, de Casal de Eirigo, que cumpriu o século de vida no pasado setembro.

Os representantes municipais agasallaron á centenaria cun ramo de flores e unha placa de prata coa inscrición: “O Concello de Valga a Concepción Jamardo Neira no día que cumpre os 100 anos”. Tamén lle levaron unha torta para que soprara as candeas.

Concepción estaba rodeada de toda a súa familia, como é habitual no seu día a día, posto que todos residen pola zona e sempre buscan un momento para ir a visitala. Seis fillos, catorce netos e doce bisnetos –o maior xa con 27 anos– que hoxe se reúnen nunha comida familiar para homenaxear á nova centenaria, que traballou durante gran parte da súa vida no campo, compaxinando estas tarefas co coidado do fogar e dos fillos. Natural da parroquia de Setecoros, Concepción casou no Sixto con José, que faleceu hai un lustro con 98 anos e co que chegou a celebrar as Vodas de Platino.

ConcepciónJamardo2 ConcepciónJamardo3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver