Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Impartirase no Auditorio entre os días 5 e 8 de febreiro en horario de tarde

- A actividade está aberta á participación tanto veciños de Valga coma doutras localidades

CoidadosWeb

Valga, 24 de xaneiro de 2024.

O Concello de Valga colabora coa Asociación galega de axuda aos doentes con demenzia tipo Alzheimer (Agadea Alzheimer) na organización dun curso formativo para coidadores de persoas con demencia, no marco do programa Coidados Compartivos.

A actividade é gratuíta e impartirase no Auditorio Municipal entre os días 5 e 8 de febreiro. As sesións desenvolveranse entre as 16:30 e 18:30, cunha duración total de oito horas. As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e nos teléfonos 986 55 94 56 e 633 01 83 89. Tamén poden facerse de forma presencial no Auditorio.

Poden participar tanto persoas de Valga coma doutras localidades. O obxectivo é achegarlles formación e información sobre o alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, así coma ofrecerlles servizos e recursos para poder mellorar a súa calidade de vida.

O curso será impartido por unha persoa graduada en psicoloxía, terapia ocupacional e traballo social da entidade Agadea Alzheimer.

CoidadosCompartidos

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver