Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Interpretaron un repertorio composto por panxoliñas e outros temas de Nadal

- O alcalde e os concelleiros Malena Isorna, Pedro Calvo e Begoña Piñeiro asistiron a actuación

CNadal1

Valga, 30 de decembro de 2023.
Tres agrupacións valguesas protagonizaron onte o Concerto de Fin de Ano no Auditorio Municipal. A Banda de Música Municipal, a Banda Peque e a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro compartiron escenario e interpretaron un repertorio composto por panxoliñas e outros temas de Nadal. O alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Malena Isorna, Pedro Calvo e Begoña Piñeiro asistiron á actuación.

Foi a agrupación vocal dirixida por Manuel López Castro a encargada de abrir o concerto con “Noche silenciosa”, a canción popular alemana “Abete verdecente”, “O neno dormía” e “Na porta chama un neno”.

A continuación actuou a Banda Peque, con “Adeste fideles”, de John Francis Wade; e tomou o relevo a Banda Municipal, con Manuel Villar á batuta, para interpretar o pasodobre “Suspiros de España”, unha suite de temas do Cascanoces de Tchaikovsky, e algúnhas das cancións de Nadal máis coñecidas de Mariah Carey.

Como colofón, a Coral e a Banda de Música compartiron escenario para ofrecer unha interpretación conxunta de “Va pensiero”, de Verdi, “Gloria al niño” de Mendelssohn, a canción popular galega “Con un sombreiro de palla” e a panxoiña “Noite de paz”. O Himno Municipal de Valga pechou o concerto, que serviu para desexar a todos os valgueses unhas felices festas e bo ano 2024.

CNadal2 CNadal3

CNadal4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver