Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Viveiro, Santiago, Oroso, Pontevedra e diferentes vilas do Salnés e o Ullán foron as procedencias das excursións

- Tamén pasaron por Campaña varios centros de día e outras entidades sociais e culturais

CEPFerroCouselo1

Valga, 27 de decembro de 2023.

Entre a multitude de visitas que acumula o Belén Artesanal en Movemento dende que se inaugurara, o pasado 3 de decembro, a súa edición vixésimo novena, atópanse as de numerosos centros educativos de distintas zonas de Galicia que incluíron unha parada no nacemento de Campaña como complemento á súa actividade lectiva.

Nenos dende as idades máis cativas de Educación Infantil ata mozos de Secundaria pasaron polo Belén en excursións organizadas realizadas fóra do horario habitual de apertura. Os últimos, hoxe mesmo, os raparigos da Escola Infantil Municipal de Valga, que acudiron coas súas mestras para pasar unha mañá divertida vendo as figuras que forman parte da montaxe e, especialmente, coa parte do nacemento dedicada a público infantil, con todos os seus personaxes preferidos.

Dos centros educativos locais tamén o CRA de Valga e o CEP Xesús Ferro Couselo desprazaron a todo o seu alumnado para ver o Belén e dende o concello veciño de Pontecesures achegáronse tamén os cativos da Escola Infantil e 70 rapaces de Infantil e Primaria do colexio.

CRAValga2 EIMValga2

Outras das excursións chegaron de moito máis lonxe; por exemplo, de Viveiro. Un colexio desta localidade da Terra Chá organizou unha viaxe cun cento de alumnos que, ademais, comeron nun establecemento hostaleiro valgués. Dende Pontevedra acudiron ata Campaña máis de 50 estudantes de 1º e 2º da  ESO do IES Torrente Ballester; dende Santiago, 68 alumnos de Secundaria do IES Pontepedriña; e dende o concello de Oroso, un grupo de escolares do colexio de Sigüeiro.

A comarca do Salnés foi outro dos puntos de procedencia de colexios coma o de Vilaxoán, dende o que viñeron case 60 nenos de Infantil de entre 3 e 5 anos, e institutos coma o de Meaño, con 100 estudantes de 1º a 4º cursos da ESO.

Ademais dos centros educativos, tamén pasaron polo Belén Artesanal grupos de entidades sociais coma a Asociación Sarela de Santiago, Andaina Pro Saúde Mental, a Fundación Lar ou os centros de día de Valga,  Milladoiro, Rois ou A Pobra do Caramiñal, entre outros.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver