Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos comezaron coa canalización de diferentes servizos e tamén se renovará o pavimento

- Darase prioridade peonil a este espazo, con acceso de vehículos exclusivo para residentes

ObraCapelaVilar1

Valga, 15 de decembro de 2023.

A contorna da capela de Vilar atópase en obras. Deu comezo a execución do proxecto de humanización tanto da praza contigua ao templo, no que se honra a San Paio, coma do camiño que o bordea, cun investimento de 47.860’49 euros do Plan Concellos da Deputación provincial.

Os traballos consisten na retirada do vello pavimento de asfalto e formigón e a instalación de canalizacións para diferentes servizos. abastecemento de auga, rede de pluviais e alumeado. As actuacións completaranse coa colocación do novo pavimento, que combinará lousas de granito e empedrado, que ofrecerá unha imaxe uniforme en pleno centro do núcleo tradicional de Vilar.

A través deste proxecto preténdese ofrecer aos veciños un espazo seguro, cómodo e funcional, creando unha zona de lecer na que teña prioridade o uso peonil e limitando o acceso de vehículos rodados só a residentes.

ObraCapelaVilar2       ObraCapelaVilar3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver