Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Durante a semana pasada contabilizouse a chegada de máis de 10.000 persoas dende lugares coma Andalucía, Castela e León, Asturias e de toda Galicia

- A tómbola benéfica recadou arredor de 6.000 euros para a fundación que dirixe o médico Ángel Carracedo

BelénXente

Valga, 12 de decembro de 2023.

“Foi impresionante, todo un éxito”. Así se refire Mari Carmen Castiñeiras, presidenta da asociación Amigos do Belén, ao aluvión de persoas que recibiu, durante a ponte da semana pasada, o Belén Artesanal en Movemento. Nin a chuvia, que fixo acto de presencia durante case todas as xornadas festivas, acovardou aos visitantes, que chegaron dende os lugares máis diversos: Andalucía, León, Oviedo e de toda a xeografía galega, por citar algúns exemplos.

Só o mércores, día 6, “viñeron unhas 5.000 persoas. Foi un dos días que máis xente tivemos de todas as edicións do Belén. A cola ás sete da tarde chegaba ata Urovesa, unha invasión”, destaca a presidenta. “E o resto de días, ata o domingo, as visitas tamén foron moi numerosas”. En total, durante a semana pasada, foron máis de 10.000 as persoas que se achegaron a ver o nacemento, moitas en pequenos grupos de familiares ou achegados, pero outras en excursións organizadas que, durante estas datas de Nadal, teñen en Valga unha parada obrigada.

Aproveitando este tirón da ponte festiva, a Asociación Amigos do Belén celebrou o sábado e o domingo unha nova edición da Tómbola Benéfica, que foi tamén un éxito rotundo, recadando máis de 6.000 euros. “Foi o ano que xuntamos máis cartos”, confirma Mari Carmen Castiñeiras, que explica que se sortearon uns 200 regalos entre os que había televisións, cestas de produtos de Nadal, xamóns ou fritideiras de aire. “O resultado foi moi gratificante, polo que temos que dar as grazas a casas comerciais, locais de hostalería, empresas e veciños que aportaron agasallos”.

Os fondos que se conseguiron destinaranse á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dirixida polo profesor Ángel Carracedo. Esta entidade traballa para garantir o acceso de todos os cidadáns ás probas xenómicas que precisen para a diagnose e tratamento de diferentes doenzas, especialmente relacionadas coa herdanza xenética e o cancro.

Horarios de apertura

O Belén Artesanal estará aberto ata o día 14 de xaneiro nos seguintes horarios: de luns a venres, de 17:30 a 20:30 horas; os sábados de 17:00 a 20:30; e os domingos e festivos de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20.30 horas. Para visitas de grupos fóra deste horario pódese solicitar cita a través do número de teléfono 630 95 25 15.

TómbolaBelén Artesanal TómbolaBelénArtesanal1

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver