Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Explicáronlles algunhas estratexias para ter un control das súas finanzas

- Tamén coñeceron algúns dos dereitos que teñen os consumidores para protexerse de prácticas abusivas

Endebedamento1

Valga, 5 de decembro de 2023.

Ademais da aprendizaxe de albanelería e forestais, os participantes no Obradoiro de Emprego “Xóvenes II”, que comparten Valga e Moraña, están a recibir outras formacións complementarias. Un exemplo, taller do que veñen de asistir, centrado na prevención do endebedamento e na resolución de problemas causados polo descontrol das finanzas.

Esta actividade foi impartida por un experto da asociación de consumidores Adicae, co obxectivo de ofrecer información aos mozos para que eviten caer en situacións financeiras difíciles e explicarlles algunhas das medidas e recursos que teñen dispoñibles para protexerse en caso de dificultades económicas, coma a lei de segunda oportunidade.

Os participantes aprenderon algunhas estratexias para frear a acumulación de gastos innecesarios, para ter un control das súas finanzas e para protexerse ante prácticas abusivas que poden ser prexudiciais para eles. Tamén coñeceron cales son os dereitos dos consumidores para facer fronte, por exemplo, a prestamistas e para reducir as débedas.

O Obradoiro "Xóvenes II" é cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027.

Endebedamento2 Endebedamento3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver