Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Boris Perrenoud, director da Academia de Música de Viena, estivo á fronte das sesións musicais

- O alumnado ofreceu o domingo un concerto no Auditorio Municipal

RománEncontro1

Valga, 20 de novembro de 2023.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o conselleiro de Cultura, Román Castro, clausuraron este domingo no Auditorio Municipal o encontro de dirección e orquestra organizado polo Centro Superior de Música (CSM Galicia), que contou coa asistencia de corenta alumnos, algúns deles chegados dende puntos tan lonxanos como Australia ou Denver (Colorado).

Boris Prrenoud, director da Viena Music Academy, Liina Leijala, directora do Baremboin-Sait Music Center e profesora do CSM, e Simón Ibáñez, director do CSM, estiveron á fronte das sesións musicais nas que os participantes traballaron as obras “Concerto nº1 en SolM para frauta” de Mozart –con Ariadna Landrove Santana como solista–, a “Sinfonía nº7” de Beethoven, e a Obertura “Las Hébridas” de Mendelsoohn. Este foi tamén o repertorio que interpretaron no concerto de clausura celebrado na tarde do domingo.

Na actividade formativa participaron tanto estudantes do Grao Superior de Música que se imparte no CSM, coma do Promotion Program, unha iniciativa que o centro puxo en marcha este curso e que ofrece aos alumnos a posibilidade de participar en concertos e recitais en teatros internacionais e compartir escenario con profesionais de prestixio. “É un programa único, pola promoción que pode dar aos alumnos”, destacou o mestre Boris Perrenoud. No mesmo sentido, Simón Ibáñez, engade que “o Promotion Program dalles aos participantes a posibilidade de actuar como solistas e de traballar con músicos de renome, algo que outros centros non lles ofrecen”.

No acto de clausura do encontro, o alcalde subliñou o salto que, no ámbito da formación musical, supuxo para Valga a inauguración en 2019 CSM, reforzando o percorrido xa iniciado en 1996 coa fundación da Escola Municipal de Música e en 1999 coa creación da Banda Municipal. O crecemento no número de alumnos, que pasou de 30 a 74 nestes catro anos, e a expansión internacional do centro son un indicativo do bo funcionamento do CSM, que aposta porque a formación non quede limitada só á aula, conscientes das dificultades que os estudantes poden ter á hora de acceder ao mundo laboral.

O conselleiro, pola súa parte, lembrou a sorpresa que supuxo para el o momento en que o alcalde lle presentou o proxecto para abrir un centro de estudos superiores de música en Valga, o que puxo ao concello ao nivel das dúas grandes cidades galegas, A Coruña e Vigo, as únicas que ata entón ofrecían esta formación.

RománEncontro2 EncontroBoris1

EncontroBoris2 EncontroBoris3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver